Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Luns 20 Novembro 2017

Plan de Ordenación 2014-2023

O Monte Veciñal en Man Común de Santa Cristina de Cobres posúe Proxecto de Ordenación dende Xullo de 2003 (Visado Nº 841/2003 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia), firmado pola Enxeñeira Técnica Forestal María Moo García (colexiada nº 487). 

Transcorrido o período de vixencia do Plan Especial (2003-2012) faise necesaria unha Revisión da Ordenación que permita analizar a situación actual do monte, valorar o grado de cumprimento dos obxectivos propostos para o anterior período, así como establecer a planificación das actuacións dos vindeiros anos.

O Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, recolle no artigo 17:

“Enténdese por revisión dos instrumentos de ordenación a elaboración e programación dun nova plan especial e como continuación do plan xeral do instrumento aprobado.”

Avaliado o proxecto anterior e tralo traballo de campo e de investigación levado a cabo nos últimos anos, atópanse importantes discrepancias na delimitación dos límites do monte veciñal recollido no anterior documento e, consecuentemente coa división inventarial establecida no mesmo. Por outra banda, as directrices establecidas no Plan Xeral son escasas, sen modelos silvícolas definidos e o cumprimento das poucas actuacións recollidas no Plan Especial nulo.

Os motivos expostos,  xunto coa necesidade de adaptar os instrumentos de planificación ás novas instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, fainos considerar a conveniencia da redacción dun novo Proxecto de Ordenación e dunha nova planificación.

Dando cumprimento á lexislación vixente e co fin de dispoñer dun instrumento de xestión que lles permita acadar un rendemento sostible e as máximas utilidades, así como garantir a conservación, mellora e protección dos seus recursos forestais, a comunidade de montes veciñais de Santa Cristina encargoulle á empresa Silvareira Servicios Forestais S.L a redacción do presente documento que, segundo o establecido no artigo 77.5 da Lei 7/2012, deberá ter categoría de PROXECTO DE ORDENACIÓN.

 

0. DATOS DO INSTRUMENTO DE XESTIÓN FORESTAL

 

0.1. INSTRUMENTO DE XESTIÓN FORESTAL

Categoría:

PROXECTO DE ORDENACIÓN FORESTAL

Ref: 

 

Título:

PROXECTO DE ORDENACIÓN DO MVMC DE STA CRISTINA DE COBRES 

 

0.2. DATOS DO PROPIETARIO/TITULAR OU XESTOR

Denominación social:

Comunidad de montes en mano común de Santa Cristina de Cobres

C.I.F:

V36060226 

Enderezo:

 Lg Santa Cristina s/n

CP:

36141

Localidade:

 VILABOA 

Teléfono/Fax

 986 672

747 

e-mail:

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

Móbil

693649504

Web:

www.montesdesantacristina.org

 

0.3. DATOS DA PERSOA REDACTORA DO I

   
   

NSTRUMENTO

Nome e apelidos:

AMANCIO SERRAPIO SOÁREZ 

Nº Colexiado:

568 

Colexio:

Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia 

Nome e apelidos:

MARÍA MACEIRA GESTEIRA 

Nº Colexiado:

6135 

Colexio:

Colegio de Ingenieros de Montes de Madrid 

Enderezo:

 Silvareira Servicios Forestais, A Gándara 55

C.P:

 36860

Localidade:

Ponteareas 

Teléfono

 986665114-646545495

e-mail:

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

             

Táboa 1: Datos do instrumento de Xestión Forestal

TÍTULO I. INVENTARIO

1.1 ESTADO LEGAL. DATOS XERAIS E ADMINISTRATIVOS

1.1.1 Situación administrativa.

O monte obxecto do presente proxecto atópase situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, concello de Vilaboa, comarca de Pontevedra e provincia homónima.

A comarca de Pontevedra ocupa o centro da rexión das Rías Baixas e aglutina as terras do entorno da capital provincial excepto Marín. Con centro na cidade de Pontevedra, a comarca ocupa todo o anfiteatro do val baixo do río Lérez e as abruptas serras circundantes, que a unen coa provincia de Ourense no concello de A Lama. 

Limita ao Norte coas comarcas de Caldas e Tabeirós – Terra de Montes, ao leste coas de Carballiño e O Ribeiro, ao sur coa comarca de Vigo e o mar e ao oeste coas de O Morrazo, Salnés e de novo o mar. Esta comarca está formada polos Concello de Barro, Campo Lameiro, Poio, Pontevedra, Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas e Vilaboa.

O concello pontevedrés de Vilaboa localizado no suroeste da provincia, no punto medio da liña recta entre as cidades de Pontevedra e Vigo, está formado polas parroquias de Santa Columba de Bértola, San Andrés de Figueirido, San Martín de Vilaboa, Santa Cristina de Cobres e San Adrián de Cobres. O núcleo máis poboado é Larache, na parroquia de Santa Cristina e a súa capital municipal corresponde ao lugar de O Toural, na mesma parroquia. Os lindeiros do concello de Vilaboa son:

  • Norte: Concello de Pontevedra
  • Sur: Ría de Vigo
  • Leste: Concello de Pontevedra
  • Oeste: Concellos de Marín e Moaña

A parroquia de Santa Cristina de Cobres conta con catro barrios: Areeiros, O Muíño, Barciela e Magarella. Os seus límites son:

  • Norte: San Martín de Vilaboa
  • Sur: San Adrián de Cobres
  • Leste: Ría de Vigo
  • Oeste: San Tomé de Piñeiro e San Xián de Marín (Marín)

1.1.2. Pertenza.

A propiedade xurídica do monte obxecto de estudio perténcelle ós veciños comuneiros  da parroquia de Santa Cristina de Cobres, por Resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 11 de decembro de 1981.

Conforme esixe a Lei 13/1989, de 10 de outubro, de Montes Veciñais en Man Común e o seu Regulamento de aplicación, Decreto 260/1992 de 4 de setembro, a xestión do monte lévase a cabo en base aos seus Estatutos (recollidos no Anexo I) e dirixida mediante Xunta Reitora  que se renova democraticamente e de forma periódica. A Xunta Reitora está composta por presidente, secretario, tesoureiro e un vogal por cada un dos lugares da parroquia, agás que en Asemblea Xeral se acorde variar tal proporción, en máis ou menos segundo a importancia da configuración do lugar respecto do resto da parroquia ou entidade propietaria do monte. A actual Xunta Recitora foi elixida en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 29 de abril de 2012, por un período de catro anos.

 

CO

MPOSICIÓN XUNTA REITORA

CARGO

NOME

Presidente

Xose César Blanco Poceiro

Secretario

Celso martínez Veras

Tesoureiro

José Carlos Martínez Lopez

Vocal

Eduardo Iglesias Pereira

Vocal

Celso Súarez Martínez

Vocal

Félix Puentes Castro

Vocal

Fernando Veras Alvariña

Táboa 2: Composición da actual xunta reitora do monte vecinal de Sta Cristina de Cobres

A data de 19 de xaneiro de 2014 o censo da Comunidade de Monte veciñal en Man Común de Santa Crisitna e de 137 comuneiros/ras.

1.1.3. Límites

Os límites administrativos, para o conxunto do monte veciñal, segundo se definen na acta de Clasificación do Monte Veciñal son:

                             Norte: Termo e montes de Vilaboa

                             Leste: Ría de Vigo

                             Sur: Termo de San Adrián de Cobres

                            Oeste: Termo municipal de Marín

1.3.1 Descrición do perímetro segundo a Carpeta Ficha

Na carpeta ficha descríbense os únicos límites destacables das parcelas que forman os montes de Santa Cristina de Cobres, estes son:

Parcela “Da Castiñeira”. Dividida polo oeste co termo municipal de Marín, dende o Río de Sobreira subindo pola molloneira cara o nordés polo Alto de Castiñeira ata Chan de Castiñeira, onde xa entran os montes da parroquia de Vilaboa, coa que segue unha divisoria de augas baixando cara o sueste, subindo a Valada e baixando a Pedra do Trigo.

Parcela “Cabalo”. Baixa polo leste á Ría de Vigo.

Polo resto dos ventos seguen a poligonal do peche das fincas particulares.

No anexo II recóllese copia da acta de clasificación e carpeta ficha do monte veciñal.

1.3.2 Revisión dos límites do monte veciñal

No punto 3.5 “Observación sobre límite con fincas particulares” da carpeta ficha, aclárase que o límite destes montes da parroquia de Santa Cristina de Cobres con fincas particulares non poden ser moi precisos, tendo en conta que algunhas destas fincas ocupan antigos terreos do monte comunal. Recóllese ademais que, no caso de que estes montes sexan clasificados como veciñais en man común, tal vez resulte necesario un deslinde parcial en tal colindancia con particulares.

Dado a complexidade do límite do monte, constituído por varias parcelas e con numerosos enclavados, para a redacción do presente documento levouse a cabo un importante esforzo para a definición do mesmo. Realizouse levantamento topográfico con GPS de precisión centimétrica de varios enclavados, así como de boa parte do límite coas propiedades particulares, tomando como referencia muros e marcos existentes. O traballo de campo completouse coa documentación histórica dispoñible e coa incorporación das permutas e resolucións xudiciais que afectaron á delimitación da superficie comunal nos últimos anos (Anexo III: Permuta e copia sentencia 00031). 

O límite resultante do traballo descrito estivo en exposición pública nas oficinas da Casa dos Montes, previo anuncio, durante o período dunha semana, na que os veciños puideron presentar as alegacións ou desconformidades atopadas no mesmo. As parcelas reclamadas por propietarios particulares no citado período foron excluídas da ordenación, por consideralas superficies en conflito (Anexo IV). 

Para poder definir con maior exactitude os límites do monte veciñal hai que tratar as catro parcelas principais que o compoñen por separado: 

Parcela “Monte de Castiñeiras”:

                                             Norte: Termo e montes da parroquia de Vilaboa

                                             Sur: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

                                             Leste: Termos e montes da parroquia de Vilaboa

                                             Oeste: Termo municipal de Marín.

Parcela de “Monte Cabalo”:

                                             Norte: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

                                              Sur: Ría de Vigo

                                              Leste: Ría de Vigo

                                             Oeste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Parcela “Cabreira”:

                                             Norte: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

                                             Sur: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

                                           Leste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres e autopista AP-9

                                             Oeste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

Parcela “Monte dos Areeiros”:

                                             Norte: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

                                             Sur: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

                                             Leste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres 

                                             Oeste: Fincas particulares de Santa Cristina de Cobres

 

*O monte veciñal de Santa Cristina posúe ademais outras parcelas de pequeno tamaño que limitan

con propiedades particulares e infraestruturas existentes (ver cartografía)

1.1.4. Superficies

A superficie clasificada polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais é de 294 ha.

O traballo de levantamento topográfico e estudio de límites descrito no apartado anterior deu lugar a unha superficie comunal de 299,65 ha. Como ben é sabido, os croquis das carpetas ficha son imprecisos, realizados sobre cartografía a escala de pouco detalle, o que xustifica as variacións existentes entre a superficie de cabida real do monte e a clasificada.    

 

Cabida segundo

clasificación (ha)

Cabida segundo

estudo de límites (ha)

Variación superficie

% aumento  superficie

294

299,52

5,52

1,88

Táboa 3: Superficies do monte veciñal

A data 30 de setembro de 2014 asinouse Acta Fundacional da “Fundación Lago e Castiñeiras-Cotorredondo”, que nace co obxectivo de dinamizar a área do entorno do lago de Castiñeiras e Cotorredondo. Aínda que a data de hoxe non está formalizado o acordo, está prevista a cesión de parte dos terreos da comunidade á citada Fundación por un período probable de vixencia de 40 anos. Dita superficie exclúese polo tanto da superficie a ordenar no presente proxecto. 

Asemade, existe conflito de límites na parcela con referencia sixpac polígono 56, parcela 1, na que a comunidade de montes de San Adrián de Cobres consta como titular catastral. As xuntas reitoras das dúas comunidades están abertas a chegar a acordo, repartindo a superficie de dita parcela entre ambas. Sen embargo, a día de hoxe, non existe acordo formalizado, polo que se considera conveniente excluír dita superficie da superficie a ordenar.

A superficie considerada para a redacción do presente Proxecto de Ordenación resulta:

SUP TOTAL

(ha)

CESIÓN FUNDACIÓN (ha)

SUPERFICIE CONFLITO (ha)

SUP

ORDENADA

(ha)

299,52

17,50

0,41

281,61

Táboa 4:Superficie obxecto de ordenación

A modo de resumo dos tipos de superficie que se atopan no monte veciñal de Santa Cristina, preséntase a seguinte táboa e gráficos: 

FORESTAL 

 

INFORESTAL 

 

TOTAL

ARBORIZADA

RASA

TOTAL

INFRAESTRUCTURAS

(pistas e devasas)

OUTROS

TOTAL

254,68

6,62

261,29

19,00

1,31

20.31

281,60

Táboa 5: Distribución da superficie de ordenación


Documento completo

 

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top