Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Comezan os traballos de desbroce das pistas forestais de Santa Cristina de Cobres

Este venres comenzaron os traballos de desbroce de pistas forestais que dan acceso ao monte comunal da parroquia de Santa Cristina de Cobres en Vilaboa. Estes traballos encádranse dentro do plan de traballo da Xunta Rectora na mellora dos accesos ao monte comunal, que se suman aos arranxos de viais e poda e desbroce en plantacións novas que se fixeron nos últimos meses.

 

Os traballos consisten na eliminación, nas marxes das vías forestais, do estrato arbustivo e subarbustivo ata os dous metros dende a aresta exterior do camiño, incluíndo a roza da plataforma ou noiro, un metro a cadao lado cando sexa necesario. Os traballos lévanse a cabo con tractores de máis de 100 cv de potencia, dotados de cadeas e brazo rozador segungo proceda.

En total, actuarase sobre 17 pistas forestais cunha lonxitude total de 18 km, abarcando unha superficie desbrozada de máis de 21 has. O custe destes traballos ascenden a máis de oito mil euros, que contan cunha subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia dentro das axudas para a prevención e defesa contra os lumes forestais en montes veciñais en man común e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEDER). A cuantía da subvención cubre o 80 % do importe total dos traballos realizados.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top