Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Luns 25 Setembro 2017

REGULAMENTO DO USO E CESIÓN DA CASA DOS MONTES

O elemento asociativo configúrase na actualidade como clave no proceso de construcción dunha sociedade máis participativa e máis democrática e como factor esencial para o progreso social. Por tanto resulta necesaria e conveniente a participación dos comuneiros e veciños, a través das entidades cidadás e asociacións que compoñen o tecido asociativo da nosa parroquia para preservar e nutrir a riqueza social e cultural de Santa Cristina de Cobres; a tales efectos ha de ser política desta Comunidade de Montes o facilitar a ditas instancias os medios que estean na súa man para axudarlles a desenrolar as funcións que lles son inherentes.

É neste marco onde a Comunidade de Montes desprega a súa acción de fomento do tecido asociativo, solucionando as necesidades das asociacións a través da autorización para o uso do local social da Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres. Preténdese pois promocionar a realización de actividades de interese social coa cesión do uso do local social e  equipamentos que sexan de titularidade desta Comunidade.

O presente regulamento  ten como finalidade regular e facilitar ás entidades sociais desta parroquia e aos seus comuneiros unha sede  un espazo, onde poidan desenvolver as súas actividades  e conseguir os obxectivos expresados nos seus estatutos, ao mesmo tempo que o devandito espacio supoña un punto de encontro para os seus membros e de referencia para a veciñanza en xeral. Corresponden á Xunta Rectora de CMVMC de Santa Cristina de Cobres as facultades de tutela a cuxos efectos hanse de  establecer as medidas e normas básicas de organización, sen detrimento  da autonomía que os comuneiros ou  entidades que os ocupen nese momento poidan ter.

TITULO I

Artigo 1.- Obxeto.

  1. Este Regulamento ten por obxeto a fixación dos criterios e do procedemento xeral a seguir na cesión de uso do local social da Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres aos comuneiros, asociación da parroquia e colectivos en xeral que así o soliciten. Trátase dunha cesión de uso do local realizada cunha duración que a autorización estableza, con carácter gratuito ou mediante o pagamento dunha taxa .
  2. As cesións de uso proporcionarán ás entidades sociais da parroquia un espazo en onde desenvolver as súas actividades e cuxa finalidade será de utilidade pública ou de interese social que redunden en beneficio dos comuneiros.

Artigo 2.- Espazo que se cede.

  1. A CMVMC de Santa Cristina de Cobres acordará a cesión en precario, aos comuneiros e as asociación da parroquia que o requiran e dentro das súas posibilidades o local social da Casa dos Montes, así como o seu equipamento, cadeiras, altillo, megafonía, etc.

Artigo 3.-  Persoas e entidades que poden acollerse a este regulamento

  1. Comuneiros. Os comuneiros poderán solicitar a cesión do local social da Casa dos Montes para a celebración de actividades ou eventos de interese social da parroquia. Esta cesión será de carácter gratuito, agás os que teñan ánimo de lucro que serán gravados por unha taxa.
  1. Non comuneiros. Poderán solicitar a cesión do local social da Casa dos Montes para a celebración de actividades ou eventos de interese social da parroquia. Esta cesión será de carácter gratuito, agás os que teñan ánimo de lucro que serán gravados por unha taxa.
  2. Entidades e Asociación da parroquia. As asociacións e entidades da parroquia de Santa Cristina de Cobres poderán utilizar o local social da Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres  de xeito gratuito para a celebración as súas asambleas e actividades de interese xeral para a parroquia. Para usos diferentes dos anteriormente mencionados someterase á táboa de taxas á que se refire o artigo 6.
  3. Entidades e Asociación de fóra da parroquia. As entidades de fóra da parroquia de Santa Cristina de Cobres poderán solicitar o uso do local social da Casa dos Montes para actividades que sexan de interese para os vecinos desta parroquia. Para os diferentes usos someterase á táboa de taxes á que se refire o artigo 6.
  4. Concello de Vilaboa. A cesión do local social da Casa dos Montes para actividades a desenrolar polo Concello de Vilaboa estará suxeita ao convenio de colaboración que se estableza entre este e a Comunidade de Montes.
  5. En todo caso, a Xunta Rectora garantizará a prioridade na cesión ás entidades e asociacións da parroquia e comuneiros, así como á celebración de actividades culturais e de interese xeral. Entre os criterios de adxudicación, ademáis da finalidade de uso do espacio, terase en conta tamén a utilización que se vai facer do espacio (diaria, semanal, mensual …), o número  de beneficiarios potenciais, tempo de implantación na parroquia e outros que a criterio da Xunta Rectora se vexan necesarios.

Artigo 4.- Solicitudes

  1. Todo interesado en acceder ao uso do local social da Casa dos Montes deberá solicitalo por medio de instancia dirixida á Xunta Rectora da CMVMC de Santa Cristina de Cobres a través de correo ordinario ao enderezo Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa), por medios telemáticos na web http://www.montesdesantacristina.org ou a través dos membros da Xunta Rectora.
  2.  A solicitude deberá presentarse, polo menos, con 5 días de antelación a aquel no que se vaia a desenvolver ou iniciar a actividade de que se trate.
  3. Ás solicitudes haberán de especificar actividades a realizar, calendario e horarios necesarios e número potencial de asistentes. As solicitudes deberán ir subscritas polo representante legal da entidade, no seu caso, ou persoa física responsable no suposto de efectuarse en nome propio.

Artigo 5.- Cesión

  1. Estudada a solicitude, a Xunta Rectora adoptará un acordo polo que se lle permita a a entidade social interesada acceder ao uso do local social ou equipamentos obxecto deste regulamento, en función da procedencia e da finalidade, de conformidade con o artigo 3 deste regulamento.
  2. O acordo de cesión de uso deberá expresar a finalidade concreta da finalidade da cesión e conterá os condicionamentos, limitacións e garantías que se estimen oportunos cuxo incumprimento dará lugar á reversión do uso.
  1. A CMVMC de Santa Cristina de Cobres non dirixe nin presta conformidade a as actividades a realizar no local social. As asociación e particulares non teñen ningunha relación de dependencia con esta Comunidade  que non se fai responsable nin directa nin subsidiariamente dos danos materiais, persoais ou morais que poidan producirse dentro do local social.
  2. Concedido o uso facilitaraselle aos interesados as chaves correspondentes para a apertura e peche dos locais, quen serán responsables da súa custodia e adecuado uso. Absterase de realizar reproducións de a mesma, salvo que a Xunta Rectora da Comunidade de Montes así o autorice expresamente. En caso de copias todas serán ao termo do período de uso do local social.
  3. O usuario verase  obrigado a cesar temporalmente  a súa actividade no local social cando fose requirido pola Xunta Recotra, naqueles supostos que se considere necesario para a celebración de actos propios, ou aqueles que lle veñan impostos e sexan de inescusable cumprimento. Neste caso, o usuario deberá deixar o local perfectamente ordenado e sen elementos que dificulten a realización da actividade, dentro do prazo que se indique na comunicación que ao efecto  lle notificará a Xunta Rectora.

Artigo 6.- Prioridade nas cesións

  1. Contan con inicial prioridade para o uso do local social os actos organizados pola Comunidade de Montes.
  2. As autorizacións xestionaranse segundo orde de entrada; contarán con prioridade os actos organizados polos comuneiros e  colectivos parroquiais, nesta orde.  Así mesmo atenderanse con prioridade as peticións de asociacións inscritas e actualizadas no registro municipal de asociacións, fronte á petición de calquera outros particulares ou entidades.
  3. Terase en conta o tipo de actividades a realizar no local, a súa función formativa e a súa incidencia no interese público.
  4. Terase en conta o período solicitado, e a súa incidencia noutras peticións oactividades previsibles.
  5. No caso de non ser posible a asignación mediante o uso dos anteriores criterios, procederase mediante sorteo. 

Artigo 7.- Tipo de actividades a desenrolar e taxas

 SOLICITANTE

 

ACTIVIDADE

TAXAS (Euros/hora)

INDIVIDUAL

COLECTIVOS

 

0-4 h

4-14 h

14-25 h

+ 25 h

Comuneiro/a

Parroquiais

Actividades ou eventos de interese social para a parroquia (asembleas informativas, actos clubes e asociaciacións)

 

DE BALDE

Actividades ou eventos particulares sen ánimo de lucro (celebracións familiares, amigos, etc, sen pagamento de entrada)

8,00

Mínimo

4 horas

8,00

6,00

5,50

Actividades con ánimo de lucro de interese social (cursos, actividades deportivas ou de entretemento, …)

4,00

3,00

2,00

1,00

Actividades ou eventos particulares con ánimo de lucro (celebracións de festas ou eventos con pagamento de entrada)

25,00

+ FIANZA

20,00

+ FIANZA

 

----

 

 

EQUIPAMENTO AUDIVISUAL

DE BALDE

Non

Comuneiro/a

Fóra da

parroquia

Actividades ou eventos de interese social. (Asembleas informativas, actos electorais, etc. Duración máx.: 90 minutos)

 

6,50

Actividades ou eventos particulares sen ánimo de lucro

(celebracións familiares, amigos, etc, sen pagamento de entrada)

10,50

Mínimo

4 horas

+

FIANZA

10,50

+ FIANZA

8,50

+ FIANZA

7,50

+ FIANZA

Actividades con ánimo de lucro de interese social (cursos,

actividades deportivas ou de entretemento, …)(*)

5,00

4,00

2,50

1,50

Actividades ou eventos particulares con ánimo de lucro (celebracións de festas ou eventos con pagamento de entrada)

30,00

+ FIANZA

25,00

+ FIANZA

 

----

 

 

EQUIPAMENTO AUDIVISUAL

6,50

 (*) Para que a celebración desta actividade poida ser considerada de interese para a parroquia, cando menos o 25% dos participantes debe ser residente da mesma. Tamén se deberá publicitar o evento ou actividade nos lugares habituais de anuncios públicos da parroquia. En caso contrario a estas tarifas engadiráselle un incremento do 50%.

IVE NON ENGADIDO

FIANZA : 80,00 EUROS. A fianza responderá do cumprimento das obrigacións do bo uso e restitución do mobiliario e equipamento do local. Asimesmo garantizará a indemnización de danos e perxuizos cando deban responder os usuarios dos que efectivamente se produzan danos no local. Unha vez a Xunta Rectora comprobe a inexistencia de danos e perxuizos sobre persoas ou cousas como consecuencia da utilización autorizada, procederá á devolución da fianza, no caso de esixirse .

 

Artigo 8.- Obrigas

 A asociación ou persoa beneficiaria dunha cesión de uso está obrigada a cumprir as disposicións e normas deste Regulamento. 

TITULO II

Das normas xerais de uso do local social

Artigo 9.- Deberes dos usuarios

  1. Respectar os horarios de utilización establecidos.
  1. Destinar o espazo cedido  ás finalidades propias da entidade, realizando o seu programa de actividades e ao que se acorde na autorización.
  1. Coidar do local, do mobiliario existente e comportarse co debido civismo.
  1.  Pór en coñecemento da Xunta Rectora a existencia de calquera deficiencia ou deterioración.
  1. Responsabilizarse dos danos causados no local e ao  equipamento existente; para ese efecto a Xunta Rectora poderá esixir a súa reparación.
  1. Velar pola limpeza e orde no local, para ese efecto, despois de cada período ordinario de uso ou despois do uso puntual para o que se cedeu, procederán á limpeza e ordeación do mobiliario e elementos interiores, de forma que poidan ser inmediatamente utilizados por outros solicitantes.
  1. Non causar molestias á veciñanza nin perturbar a tranquilidade da zona durante os horarios de utilización.
  1. Permitir en todo momento á Xunta Rectora o exercizo da facultade de seguemento e inspección en canto a vixianza do cumprimento deste Regulamento e proporcionando a información e documentación que sexa requerida. En todo caso a Xunta Rectora poderá acceder ao local co fin de evitar a producción  dun daño inminente ou unha incomodidade grave.
  1. Proceder a devolución das chaves do local social unha vez rematada a concesión de uso.

Artigo 10.- Prohibicións

  1. O uso dos locais para outra finalidade distinta á autorizada.
  1. O uso dos locais para actividades que vulneren a legalidade.
  1. O uso do local para aquelas actividades que fomenten a violencia, o racismo, a xenofobia e calquera outra forma de discriminación ou que atenten contra a dignidade humana.
  1. O uso do local social para aquelas actividades que impliquen crueldade ou maltrato para os animais, poidan ocasionarlles sufrimentos ou facerlles  tratamentos antinaturais.
  1. Negar a entrada a calquera comuneiro que se interese por unha actividade realizada no local social.
  1. Fumar no interior do local social.
  1. Reproducir as chaves de acceso ao local social.
  1. Ceder o uso do local a outro usuario sen o consentimento da Xunta Rectora.

 

Artigo 11.-  Responsabilidade Civil

  1. Cada usuario será responsable directo dos danos e perxuizos ocasionados a terceiros no espazo cedido causados por asistentes á actividade,  ben por acción ou por omisión, dolo ou neglixencia, tendo a condición de terceiro a propia Comunidade de Montes. Esta previsión non se aplicará no caso de que os deterioros sobreveñan ao local polo só efecto do uso e sen culpa da entidade beneficiaria ou por forza maior.
  1. O Concello poderá solicitar, previamente á concesión da autorización, a constitución de fianza en calquera das formas legalmente admitidas, que responderá ao cumprimento das obrigacións de bo uso e conservación das instalacións, así como dos danos e prexuízos que os usuarios deban afrontar como consecuencia do previsto no punto primeiro.
  1. Así mesmo, a Xunta Rectora poderá condicionar a correspondente autorización a que, con anterioridade ao comezo da cesión, acredítese a contratación dunha póliza de responsabilidade civil do valor que se indique, quedando o efectivo uso vinculado a iso.

Artigo 12.- Obriga de resarcir os danos causados

  1.  A tales efectos, a Comunidade de Montes poderá esixir que se satisfaga o custo das reparación dos prexuízos causados, segundo valoración debidamente motivada.

TITULO III

Das extincións das autorizacións

Artigo 12.- Causas de extincións

  1. Por finalización do seu termo inicial ou as súas prórrogas, nas condicionesantes expostas.
  1. Por mutuo acordo entre as partes.
  1. Por renuncia da entidade.
  1. Por falta de utilización efectiva dos espazos cedidos, previa audiencia do interesado.
  1. Pola realización de actividades non contempladas na autorización de cesión ou expostas na solicitude, ou que contraveñan o  presente Regulamento.
  1. Por disolución da entidade que accedese ao uso.
  1. Por necesidade suficientemente motivada de uso do local para a prestaciónde outros servizos públicos que o requiran.
  1. Incumprimentos dos apartados dos artigos 9 e 10 deste Regulamento.

Artigo 13.- Carácter non indemnizable das resolucións anticipadas

  1. A extinción da cesión ou da autorización de uso por calquera das  causas citadas non dará dereito á entidade ou usuario afectado a ningún tipode indemnización ou compensación económica.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

As Entidades, Asociacións, Colectivos  e Usuarios que viñesen utilizando o local social para a realización das súas actividades con carácter previo á aprobación deste Regulamento deberán adaptarse á normativa contemplada neste Regulamento e, no prazo de quince días dende a súa entrada en vigor,  solicitar prórroga da cesión achegando unha nova solicitude de cesión do local social da Casa dos Montes.

ENTRADA EN VIGOR

A entrada en vigor deste Regulamento prodúcese de xeito provisional, unha vez é aprobado pola Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Cristina de Cobres con data do nove de xullo de dous mil doce á espera da aprobación definitiva pola Asamblea de Comuneiros.

PLAZOS DE EXPOSICIÓN E DISCUSIÓN PÚBLICA

Este Regulamento foi aprobado inicialmente pola Xunta Rectora o día nove  de xullo de dous mil doce. Establécese un prazo de 60 días naturais para que os comuneiros poidan facer as alegacións pertinentes. Este regulamento estará a disposición dos comuneiros na páxina web da Comunidade de Montes (www.montesdesantacristina.org), así como nas oficinas da entidade (Barciela nº 31, Santa Cristina de Cobres) onde se poderá solicitar unha copia a calquera membro da Xunta Rectora.

Unha vez recollidas todas as alegacións presentadas, estas serán debatidas na seguinte Asamblea de Comuneiros, onde se aprobará o texto definitivo.

 

En Santa Cristina de Cobres a 10 de xullo de 2012

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top