Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Luns 25 Setembro 2017

A Casa dos Montes

A Casa dos Montes, propiedade de CMVMC de Santa Cristina de Cobres está situada no barrio de Barciela, no número 31, ao pé da estrada N-554. É un edificio de algo máis de 200 metros cadrados que consta de almacén e oficina na no andar semi-soto, e do local social no andar baixo, accesible dende o parque e o adro das festas.

Aínda que as obras de construcción comenzaron nos anos 80, a Casa dos Montes rematouse no ano 2004. O Local Social que ocupa todo o andar superior, ten unha superficie de máis de 200 metros cadrados e está dotado de aseos adaptados a minusválidos. Ademáis o equipamento desta sá está composto por 75 cadeiras de madeira pregables, mesas de cabaletes e taboleiros, escenario pantalla de proxección e sistema de megafonía ademáis de WIFI.

Nestas instalacións desenvólvense ao longo do ano diversas actividades de todo tipo; cursiños, actividades de ximnasia, local de ensaio de grupos, etc. Ademáis é o local que normalmente utilizan os colectivos parroquiais para facer as súas xuntanzas.

A partir de setembro de 2012 o uso deste local social estará suxeito ao Regulamento de Uso e Cesión do Local Social, que ten como obxectivo facer un uso ordenado e sostible destas instalacións. A partir desta data calquera persoa ou colectivo, tanto sexa comuneiro como non, poderá facer uso deste inmoble mediante o pagamento dunha taxa, que axudará a sufragar os elevados custos de mantemento do inmoble.

Este local permite celebrar unha amplia variedades de eventos. Dende sinxelos actos informativos ata a celebración de comidas, ceas, cumpreanos, pequenas vodas, etc. Os arredores da Casa dos Montes contan cunha zona de amplos aparcadoiros.

DOCUMENTOS

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top