Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Luns 25 Setembro 2017

Aberto o prazo de presentación de ofertas para a rehabilitacíon da Reitoral

O proxecto presentarase ás axudas convocadas por AGADER.

A CMVMC de Santa Cristina de Cobres abre o prazo ata o día 20 de marzo de 2017 para que as empresas constructoras interesadas presenten ofertas para a rehabilitación da antiga reitoral parroquial. Esta edificación fóra adquirida ao Arzobispado de Santiago de Compostela no ano 2015 e tra-la rehabilitación adicarase a viveiro de empresas.

Ler máis...

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2017

A Xunta Rectora da CMVMC de Santa Cristina de Cobres convoca a todos os/as comuneiros/as á Asamblea Xeral Ordinaria a celebrar no local social da Casa dos Montes (Barciela nº 31) o vindeiro domingo 22 de xaneiro de 2017, ás 09:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda e atendendo á seguinte orde do día:

  1. LECTURA E APROBACIÓN ACTAS ANTERIORES
  2. ACTUALIZACIÓN DO CENSO DE COMUNEIROS
  3. INFORME DE XESTIÓN 2016
  4. BALANCE ECONÓMICO 2016
  5. PLAN DE TRABALLO E ORZAMENTO 2017
  6. VARIOS:

                        6.1   AUTORIZACIÓN AO PRESIDENTE PARA A TRAMITACIÓN DE SUBVENCIÓNS E

                        APROVEITAMENTOS MADEIREIROS

                        6.2   SOLICITUDE DE JOSÉ GONZÁLEZ OTERO DE ABONO DE PARTE DA MADEIRA CORTADA NO MONTE DO CABALO.

                        6.3  MODIFICACIÓN CONTRATO ARRENDAMENTO ANTENA TELEFONÍA MÓBIL

7.  ROGOS E PREGUNTAS        

 

Santa Cristina de Cobres, 9 de xaneiro de 2017

Campaña de eliminación de Acacia Negra no monte veciñal

Demandamos axudas da administración para a eliminación desta praga

A Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) levou a cabo durante os últimos meses unha campaña de eliminación de acacia negra (Acacia melanoxylon), popularmente coñecida como Australia, no entorno de Cotorredondo. Trátase dunha especie tremendamente invasora que está colonizando este entorno e que debido ao seu rápido crecemento e densidade acaba afogando ás especies que habitan neste espazo, no caso do monte veciñal de Cobres, castiñeiro (Castanea x Hybrida), carballo americano (Quercur Rubra) e piñeiro (Pinus Pinaster).

Ler máis...

Os comuneiros decidirán en asamblea o próximo 20 de febreiro a certificación do monte veciñal

As certificacións FSCTM e PEFC© engadiranlle valor econónico, ecolóxico e social

O vindeiro sábado 20 de febreiro de 2016 a partir das 19:30 horas celebrarase no local social da Casa dos Montes unha Asamblea Xeral Extraordinaria de comuneiros/as para aprobar a doble certificación FSCTM e PEFC© para o monte comunal.

Ler máis...

Os comuneiros de Cobres fan balance do ano 2015

Investiron más de 57 mil euros en diferentes traballos silvícolas en máis de 53 hectáreas de monte veciñal

O vindeiro domingo 31 de xaneiro a partir das 11:30 horas, os comuneiros e comuneiras de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) están convocados á asamblea xeral anual onde se dará conta do informe de xestión correspondente ao ano 2015 e o plan de traballo e orzamento para o ano 2016.

Ler máis...

Curso de manexo de motoserra en traballos forestais

A Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres organiza un curso de formación para manexo de maquinaria en traballos forestais. Celebrarase os días 24 e 25 de setembro en horario de mañá no local social da Casa dos Montes da parroquia e ten unha duración de 11 horas, dúas teóricas e as restantes de práctica no monte.

Ler máis...

A reitoral xa é veciñal!

A reitoral e a parcela do parque engándense ao patrimonio comunal

Este venres produciouse a sinatura ante notario da compra da antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres, o que pon fín a 15 meses de negociacións e tramitacións administrativas para que os veciños da parroquia pasen a ser os propietarios deste enclave que levan reivindicando desde o ano 1979, cando a propiedade foi expropiada para a construción da AP9 á igrexa.

Ler máis...

Acométense os traballos de prevención de incendios

Inclúen traballos de poda nas prantacións de piñeiros das Fontaiñas-Pireiriñas

Durante estes últimos días leváronse a cabo os primeiros traballos dentro da campaña de prevención de incendios consistentes nos desbroces mecánicos dos laterais dos viais troncais do monte comunal. Os desbroces fixéronse nos viais  Paradellas-Castiñeiras, Areeiros-Charmoles, Vilar-Castiñeiras, Monte dos Areeiros e os tramos urbanos do monte da Craveira e monte do Cabalo. Estes desbroces abarcan un total de 12 km de viais forestais do monte comunal.

Ler máis...

"Porta ó parque" é o proxecto escollido para a rehabilitación de reitoral de Santa Cristina de Cobres

"Porta ó parque", proxecto creado polos arquitectos Ramón Vieitez e Alberto Cebral do estudio Arquetipos S.C. foi o escollido para levar a cabo a rehabilitación da antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres e convertila nun viveiro de empresas. O fallo do xurado faise público unha vez que o proxecto gañador recibiu o vistobó tanto de Patrimonio como do Ministerio de Fomento, xa que a construcción está catalogada como Ben de Interese Cultural  e atópase na zona de afeción da AP-9.

Ler máis...

César Blanco continuará ao fronte dos comuneiros de Cobres outros tres anos

César Blanco foi reelixido para outros tres anos ao fronte da Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) na votación que se celebrou hoxe no local social dos comuneiros. Aínda que non se presentou nengunha candidatura alternativa, en cumprimento dos Estatutos da Comunidade celebrouse unha votación segreda co resultado de 64 votos a favor e 4 votos en branco.

Ler máis...

3 de maio. Elecións á Xunta Reitora

A Xunta Rectora da CMMVVMC de Santa Cristina de Cobres convoca a todos os/as comuneiros/as á Asamblea Xeral Extraordinaria a celebrar no local social da Casa dos Montes (Barciela nº 31) o vindeiro domingo 3 de maio de 2015, ás 09:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda e atendendo á seguinte orde do día:

 

  1. ELECIÓN DA NOVA XUNTA REITORA


   Santa Cristina de Cobres, 30 de marzo de 2015


Ler máis...

Avanzan os traballos de ordenación no monte de Castiñeiras

Mentras se traballa na eliminación da biomasa xa se realizaron devasas naturais de frondosas

Continúan os traballos de eliminación de biomasa no monte de Castiñeiras, por debaixo do miradoiro de Cotorredondo. Trátase dun rodal dunhas 12 hectáreas de superficie poboado por eucalipto globulus, afectado pola praga de goníptero e que supoñía un auténtico polvorín para o monte comunal, debido á densidade de árbores, nalgúns casos superior aos dez mil pés por hectárea, e á falta de ordenación do espazo que imposibilitaba a silvicultura.

Ler máis...

Páxina 1 de 5

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top