Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Ábrese un concurso de ideas para o proxecto de rehabilitación da rectoral

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres decidiu abrir un concurso de ideas para profesionais da arquitectura para a escolla do proxecto de rehabilitación da antiga casa rectoral da parroquia, un edificio do século XVII e catalogado como Ben de Interese Cultural.

Á hora da elaboración da  idea deberase ter en conta o uso ao que vai destinado. Neste senso, a directiva dos comuneiros de Cobres decantouse por un viveiro de empresas, unha das posibilidades que xa se lle expuxera á asamblea xeral cando esta apoiou a súa compra ao arzobispado de Santiago de Compostela.

Trátase de darlle apoio a aqueles emprendedores da parroquia que queren iniciar un negoico ou xa o teñen, pero non dispoñen dunha oficina na que poder recibir aos clientes ou manter xuntanzas de traballo.

Esta mal chamada rectoral, xa que a súa orixe foi a de residencia de verán do cura da parroquia, ten unha superficie total construída de 330 m2 repartidos en dous andares, con grosos muros de granito, unha escaleira a recuperar e unha lareira no segundo andar asentada sobre un solo de lousas graníticas.

Aqueles profesionais interesados no concurso deberán presentar un sucinto borrador da idea, os materiais a empregar, que deberán ser acorde ao tipo e catalogación do inmoble e o orzamento da rehabilitación. Valorarase a orixinalidade, o emprego de maderia propia dos montes da zona, o custe da rehabilitación e o aproveitamento do espazo para a creación de "boxes" para oficinas, salas de reunións, servizos compartidos, aseos, etc . Deberán poñerse en contacto coa Comunidade de Montes a través do email Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela. para calqueira información adicional. A licitación da redacción do proxecto de rehabilitación ten un orzamento de 5.500 eruos + ive e o prazo remata o 31 de xaneiro de 2015.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top