Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Convócase aos comuneiros a unha charla informativa sobre a cría de porco celta no monte comunal

O acto celebrarase o xoves 15 ás 19:30  horas na Casa dos Montes

Os comuneiros e comuneiras de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) están convocados o vindeiro xoves 15 de xaneiro a unha charla informativa sobre a posibilidade de pór en marcha un proxecto de cría de porco celta en extensivo no monte comunal. A sesión informativa estará dirixida por José Antonio Carril, coordinador xeral de ASOPORCEL (Asociación de Gando Porcino Celta).

O proxecto baséase no aproveitamento da cría en extensivo destes animais, como axuda aos traballos de silvicultura, xa que controlan o crecemento da matogueira no monte. Para elo, a finais do mes pasado membros da xunta rectora desta comunidade desprazáronse á parroquia de Nebra, no concello coruñés de Porto do Son, onde visitaron as instalacións da instalación pioneira neste tipo de cría de gando e que xa se está exportando a diferentes partes do país debido a seu éxito.

O sistema totalmente automátizado prepara aos animais para que durante o día anden polo monte libremente, pero a unha hora determinada regresen ao recinto pechado onde pernoctan e están controlados mediante cámaras de vixiancia.

A directiva dos comuneiros de Cobres proporalle á Asamblea Xeral de Comuneiros que se cebrará o vindeiro 1 de febreiro, habilitar parte do monte do Cabalo para a experiencia piloto. As instalación totalmente automatizadas non precisan de mantemento por parte de persoal, xa que se xestionan mediante unha aplicación para teléfonos móbiles e os animais están contralados en todo momento por videovixiancia e incluso collares GPS nos líderes dos distintos grupos que se formen.

En principio montaríanse unhas instalacións para acoller a 50 ou 60 animais que terían a súa disposición unhas 10 hectáreas de monte, arborado principalmente de castiñeiros que lle dará un valor engadido ao prezo final da carne de porco celta, un producto con grande rendemento económico grazas á súa excelente calidade, apreciada tanto dentro como fóra de Galicia. O perímetro das 10 hectáreas aínda que estaría pechado cun valado cinexético, permitiría o paso libre aos comuneiros para facer aproveitamento das castañas como se ven facendo habitualmente.

Estas instalacións son portátiles, o que permite cada certo tempo cambiar o emprazamento da explotación para non agotar o terreo.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top