Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Os comuneiros debatirán na vindeira asemblea a creación dun fondo de emerxencia social

A Xunta rectora de Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres proporá na vindeira Asemblea Xeral Ordinaria de Comuneiros a elaboración dunha partida anual para emerxencia social, especialmente orientada a familias da parroquia con nenos en idade escolar e que estean pasando por dificultades económicas. Para o ano 2015 iniciariase cun orzamento de 3.000 euros, ampliable no caso de que a demanda destas axudas así o xustificase.

O obxectivo e destinar o 5% do orzamento anual da comunidade a este fin. Para elod, unha vez que os cumuneiros e comuneiras dean o visto bo, pedirase a colaboración da Asociación de Veciños parroquial e das ANPAS dos colexios de Riomaior e Toural.

Esta proposta nace da máis que evidente consecuencia do alongamento da crise económica iniciada no xa alonxado 2008 e que está a facer mella en numerosas familias da parroquia en situación de desemprego, sobre toda nas que teñen fillos en idade escolar. Dado que lonxe de estar no fin desta crise tal e como anuncian os gobernantes, aínda nos agarda un bo treito (datos da EPA desta semana para Galicia), por iso a directiva dos montes de Cobres propón a creación do fondo para axuda para material escolar, becas comedor, etc.
 
Por outra banda, na asemblea que se celebrará o vindeiro domingo 1 de febreiro tamén se debatirá e aprobará se procede, a proposta de financiación para a compra da antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres. A sinatura do contrato está  prevista para esta semana e a directiva comunitaria xa conta con varias ofertas de entidade financeiras para a financiación de parte do importe (70% do total), tal e como se acordara na asemblea que deu a súa autorización para a adquisición. En relación coa reitoral, tamén se dará conta do número de proxectos que se presentaron ao concurso para a eleción do proxecto de rehabitación, a día de hoxe uns trinta informaron da súa intención de concursar e do proceso de selección, suxeito ás bases redactadas.
 
Ademáis do habitual informe de xestión e balance económico correspondente ao ano 2014 e orzamento para o ano 2015, tamén se dará conta dos trámites e proxectos realizados para a creación da Fundación Lago de Castiñeiras Cotorredondo, co obxetivo de xestionar e pór en valor as máis de 74 hectáreas do entorno do tradicional parque da lagoa de Castiñeiras e do miradoiro de Cotorredondo.

Para rematar, recordarlle aos comuneiros e comuneiras, que xa entrou en vigor a modificación do artigo 13 dos Estatutos aprobada na asemblea xeral ordinaria de 2014, pola cal a falla de asistencia a dúas asembleas de xeito consecutivo conlevará a perda da condición de comuneiro, sen perxuizo de poder volver a solicitala. Todos aqueles que non asistiron á derradeira asemblea celebrada no mes de outubro deberán asistir de xeito obrigatorio.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top