Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Avanzan os traballos de ordenación no monte de Castiñeiras

Mentras se traballa na eliminación da biomasa xa se realizaron devasas naturais de frondosas

Continúan os traballos de eliminación de biomasa no monte de Castiñeiras, por debaixo do miradoiro de Cotorredondo. Trátase dun rodal dunhas 12 hectáreas de superficie poboado por eucalipto globulus, afectado pola praga de goníptero e que supoñía un auténtico polvorín para o monte comunal, debido á densidade de árbores, nalgúns casos superior aos dez mil pés por hectárea, e á falta de ordenación do espazo que imposibilitaba a silvicultura.

Á par dos traballos de eliminación do eucalipto destinado principalmente a biomasa, nestes últimos días estívose levando a cabo a prantación franxas transverais de castiñeiros e que actuarán como devasas naturais. Posteriormente a partir de mediados do mes abril levarase a cabo a prantación de eucalipto da variedade glóbulus de clon novo e principalmente da variedade nitens por ser máis resistente ás enfermidades e adaptarse mellor a este tipo de terreos.

Con esta actuación, a parte alta do monte comunal de Santa Cristina de Cobres ficará totalmente ordeada, e distrubuída a superficie entre rodais de madeira con turnos de corta a corto, medio e longo prazo. O cultivo principal será o piñeiro, ocupando un 45% da superficie, seguido do eucalipto cun 35% e dos rodais de frondosas -roble americano, castiñeiro e carballo- que ocuparán unha superficie aproximada do 20%  das máis de  100 hectáreas de monte comunal próximo a Castiñeiras.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top