Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

3 de maio. Elecións á Xunta Reitora

A Xunta Rectora da CMMVVMC de Santa Cristina de Cobres convoca a todos os/as comuneiros/as á Asamblea Xeral Extraordinaria a celebrar no local social da Casa dos Montes (Barciela nº 31) o vindeiro domingo 3 de maio de 2015, ás 09:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda e atendendo á seguinte orde do día:

 

  1. ELECIÓN DA NOVA XUNTA REITORA


   Santa Cristina de Cobres, 30 de marzo de 2015


 REGULAMENTO DA ASAMBLEA

  1. As distintas candidaturas depositaranse para a súa formalización ante a Secretaría da Xunta Reitora, a través do tlf: 693649504 ou do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela. presentada por calqueira dos seus compoñentes mediante escrito no que figure a composición da mesma e os cargos aos que cada un aspire. O prazo para a presentación das candidaturas remata ás 24 horas do 1 de maio de 2015. (Artigo 73 dos Estatutos)

  2. As candidaturas que pugnen por ocupar os distintos cargos da Xunta Reitora poderán designar cada unha delas un interventor, que non sexa candidato a ningún dos cargos, na mesa eleitoral para que fiscalice a claridade das elecións. (Artigo 74 dos Estatutos)

  3. Calquera incidente ou recurso que se presente durante a celebraciòn das elecións reflexarase na acta que o secretario da Mesa levante, e resolverase na Asamblea Xeral que se celebrará a continuación do escrutinio e reconto dos votos, procedendo a Asamblea Xeral a resolver sobre os mesmos. (Artigo 75 dos Estatutos)

  4. As distintas candidaturas disporán dun tempo de 10-15 minutos (segundo o número de candidaturas que se presenten) para a exposición do seu programa de goberno ao comenzo da asamblea. Logo procederase á votación segreda mediante voto en furna ata as 13:00 horas. Ao rematar esta celebrarase unha asamblea xeral para proclamar á nova xunta reitora ou no seu caso resolver as incidencias que houbese.

  5. As distintas candidaturas poderán facer chegar o seu programa de goberno aos comuneiros/as a través da web da comunidade de montes ou mediante envío postal a cargo desta. Para elo enviarán un documento en formato PDF ou JPEG de 2 páxinas como máximo en tamaño DIN A4 ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela. antes das 24 horas do venres 24 de abril de 2015. Os programas serán repartidos ou publicados na web o luns 27 de abril.


SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top