Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

César Blanco continuará ao fronte dos comuneiros de Cobres outros tres anos

César Blanco foi reelixido para outros tres anos ao fronte da Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) na votación que se celebrou hoxe no local social dos comuneiros. Aínda que non se presentou nengunha candidatura alternativa, en cumprimento dos Estatutos da Comunidade celebrouse unha votación segreda co resultado de 64 votos a favor e 4 votos en branco.



César Blanco, que se presentaba a reeleción fixo balance destes tres anos de xestión á fronte do monte veciñal, suliñando que a principal tarefa foi a ordenación do monte naquelas parcelas máis grandes e con maior potencial económico-forestal. Como principal obxetivo marcouse a actualización do Plan de Ordenación, que nestes momentos xa se encontra no proceso final de revisión por parte da Consellería de Medio Rural.

En canto á ordenación sobre o terreo, realizáronse cortas naquelas zonas máis afectadas polo goníptero do ecualipto e así cortáronse arredor de 6.350 pés de eucalipto glóbulus e arredor de 2.700 pés de pineiro pinaster que reportaron ás arcas da comunidade 180.000 euros. Ademáis fíxose un importante traballo de cambio de cultivo nun rodal de 12 hectáreas no entorno de Cotorredondo, eliminando a biomasa existente (eucalipto de pequeno tamaño moi afectado por goníptero sen posibilidades de crecemento nen de aplicación de traballos de silvicultura por non estar ordeado) e procedendo á prantación de diversas especies de xeito ordeado.

Sobre as zonas de corta procedeuse a reforestación con 12.000 pés de eucalipto nítens, 5.000 pés de piñeiro pinaster, 3.000 castiñeiros e 1.500 pés doutras frondosas (carballo do país, carballo americano, freixos e bidueiros. Unha vez reforestada as zonas de corta previstas para este ano 2015 que se fará ao longo do ano 2016 darase por finalizada a ordenación da principal área do monte veciñal, o monte de Castiñeiras.

A estes hai que sumarlle os traballos de silvicultura e prevención de incendios que se fixeron nestes tres anos que abarcaron máis de 50 hectáreas e prácticamente todos os viais principais e secundarios do monte comunal.
 

Outros dos obxectivos alcanzados foi a compra de vella reitoral da parroquia. Despois de máis de 10 anos de negociación esta semana asinouse o contrato de compravenda da parcela co Arcebispado de Santiago de Compostela. Xa se solicitou no Catastro a modificación dos datos da parcela, xa que as medicións e os lindeiros non se axustaban á realidade, como paso previo a elaboración da escritura pública. Esta compra acordouse previo voto favorable da asamblea de comuneiros en 110.000 euros. Con esta operación a parroquia faise coa propiedade dunha superficie de ocio de 2.500 m2 e cun inmoble que representa o legado arquitectónico máis importante.

Entre os obxetivos que se marca César Blanco para os próximos tres anos, están a ordeación da parte suroeste do monte veciñal, seguir impulsando a Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, conseguir a financiación a través dos programas de axudas con fondos europeos para a rehabilitación da reitoral, a introdución no monte comunal do silvopastoreo,  e a posta en valor dos restos arqueolóxicos existentes no monte comunal, nomeadamente petroglifos e mámoas mercando incluso aquelas parcelas privadas nas que se atopan os restos megalíticos para que estas pasen a ser patrimonio común dos veciños.

Todas estas actuacións teñen como premisa principal  facer do monte un factor dinamizador económico, social e cultural para a nosa parroquia.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top