Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

"Porta ó parque" é o proxecto escollido para a rehabilitación de reitoral de Santa Cristina de Cobres

"Porta ó parque", proxecto creado polos arquitectos Ramón Vieitez e Alberto Cebral do estudio Arquetipos S.C. foi o escollido para levar a cabo a rehabilitación da antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres e convertila nun viveiro de empresas. O fallo do xurado faise público unha vez que o proxecto gañador recibiu o vistobó tanto de Patrimonio como do Ministerio de Fomento, xa que a construcción está catalogada como Ben de Interese Cultural  e atópase na zona de afeción da AP-9.

Os/as comuneiros/as de Santa Cristina de Cobres queren agradecer a todos/as arquitectos/as participantes neste concurso. Recibíronse dezasete propostas, todas elas de gran calidade en canto a deseño e presentación das mesmas, e todas merecedoras de ser premiadas, pero só se poideron escoller as cinco máis valoradas para a concesión dos premios.A continuación procédese a escolla dos cinco proxectos mellor valorados polo xurado.

Reunido o xurado en sendas convocatorias, os sábados 14 e 21 de Febreiro no local social da Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) , e tralo estudo das 17 propostas presentadas, e posterior deliberación, ás 20:00h do 21 de Febreiro, proceden a designar  as seguintes propostas como merecedoras dos premios e mencións que a continuación se describen.
 

1º Premio:    Lema “Porta ó Parque”

Arquitectos:  Ramón Viéitez Rodríguez e Alberto Cebral Loureda de Arquetipos S.C.

O xurado valorou especialmente a actitude respetuosa da intervención , mantendo a volumetría e estrutura orixinal, así como o prevalecemento do carácter íntimo deste tipo de arquitectura. A acertada entrada de luces laterais na cuberta, e o aproveitamento da parte baixa desta, aportan así mesmo unha orixinal solución que complementan o uso e necesidades do programa proposto.

Accésit:       Lema “Lusco e Fusco”

Arquitecto:Juan Manuel Iglesias Portela de EAU Arquitectura SLP .

Por ser unha proposta  na que destaca a audaz proposta da cuberta, na que se favorece a entrada de luz, que baña incluso as zonas da pranta baixa. Boa resolución do esquema funcional , claro e práctico, poñendo en relación dun xeito equilibrado as partes máis privadas coas públicas mediante a apertura da catetería ao exterior a través da fachada sur.

Mencións especiais:

O xurado decidiu otorgar tres mencións especiais en recoñecemento aos proxectos que destacaron de entre os presentados, salientando as súas particulares aportacións .

Lema”Cerne”:  do arquitecto Jorge García Anta. Pola correcta utilización do binomio madeira e luz, a modo de grandes lucernarios-chemineas, que aportan maior luminosidade e confort ás zonas de traballo e de reunión.

Lema “Ceo na Casa”:do arquitecto Gabriel Santos Zas. Pola contención da proposta, respetuosa co preexistente e a flexibilidade no uso dos espazos, co uso de tabiques móbiles.

Lema “Caixa de Resonancia”:do arquitecto Alfredo Sirvent Silveira, polo contundente uso da madeira, a acertada entrada de luz que se engade na cuberta, bañando as zonas de traballo e reunión,e  a integración velada dos ocos da fachada cara o interior.

A rehabilitación da reitoral como viveiro de empresas ten un orzamento provisional de 180.000 euros aproximadamente, que a xunta reitora dos comuneiros de Cobres agarda se poida levar a cabo mediante as axudas de Fondos Europeos para o Rural ou das administración públicas, concello e deputación.
Información completa sobre o proxecto gañador e os finalistas nos vindeiros días.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top