Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

A reitoral xa é veciñal!

A reitoral e a parcela do parque engándense ao patrimonio comunal

Este venres produciouse a sinatura ante notario da compra da antiga reitoral de Santa Cristina de Cobres, o que pon fín a 15 meses de negociacións e tramitacións administrativas para que os veciños da parroquia pasen a ser os propietarios deste enclave que levan reivindicando desde o ano 1979, cando a propiedade foi expropiada para a construción da AP9 á igrexa.

 

Desde ese momento escomenzou un proceso reivindicativo para que a propiedade pasase a ser patrimonio da parroquia, pois trátase do legado arquitectónico máis antigo e máis importante de Santa Cristina de Cobres, pois data do século XVII.

A acordo entre a Xunta Reitora e o Arcebispado de Santiago polo cal a compra da parcela do parque dunha superficie de 2.490 m2 na que se inclue a antiga reitoral, unha edificación de dúas plantas e 170 m2 por planta, fixábase na cantidade de 110.000 euros, foi ratificada polo voto favorable do 95 % dos comuneiros na asamblea xeral que se celebrou o pasado mes de outubro de 2014.

O seguinte paso a dar é a súa rehabilitación para uso social, tal e como se acordou na mencionada asamblea xeral. O proxeto de reforma para habilitala como viveiro de empresas adxudicouse mediante un concurso público e o estudio de arquitectura gañador está na fase final de redatado do proxeto. Nos vindeiros días tras o visado do colexio de arquitectos  daráselle traslado á delegación de Patrimonio para que dea a pertinente autorización para posteriormente solicitar a licencia de obras no concello de Vilaboa.

Para o financiamento das obras, o presidente da Xunta Reitora César Blanco agarda a colaboración das administracións públicas, tanto local como provincial, dado o carácter social e dinamizador da economía local que vai ter o edificio. Tamén se solicitarán as axudas do Fondo de Desenvolvemento Rural que se axeiten a esta iniciativa. Esta reforma farase por fases, empezando pola estrutura de cuberta, restauración da lareira e consolidación dos muros, co obxetivo de impedir que a climatoloxía agrave o deterioro da edificación.

Con esta compra o patrimonio dos comuneiros de Santa Cristina de Cobres increméntase sustancialmente ao engadir á parcela da actual Casa dos Montes, cunha superficie aproximada de 750 m2  e cun inmoble de 474 M2 esta outra lindeira de 2.490 m2 e un inmoble de 340 m2 o que suma unha propiedade de 3.240 m2 e unha superficie construída de 814m2.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS E SILVICULTURA

Por outra banda, nestas últimas semanas leváronse a cabo os primeiros traballos dentro da campaña de prevención de incendios consistentes nos desbroces mecánicos dos laterais dos viais troncais do monte comunal. Os desbroces fixéronse nos viais  Paradellas-Castiñeiras, Areeiros-Charmoles, Vilar-Castiñeiras, Monte dos Areeiros e os tramos urbanos do monte da Craveira e monte do Cabalo. Estes desbroces abarcan un total de 12 km de viais forestais do monte comunal.

Estes traballos completaranse co rareo da masa de piñeiros existente nos lugares da Fontaiñas e Pireiriñas.Mediante a  execución das obras preténdese conseguir os seguintes obxectivos:

  • Reducir a carga de combustible forestal (mato) presente no monte.
  • Crear descontinuidade horizontal e vertical do combustible forestal (mato), co fin de impedir o avance do lume en caso de incendio.
  • Aumentar a capacidade de ataque dos medios de extinción, creando zonas de acceso e apoio.

 ROZAS  PREVIAS  ÁS  PODAS  E  PODAS  EN  MASAS  DE CONÍFERAS

Esta actuación vai encamiñada á creación de discontinuidades horizontais e verticais en masas de monte bravo.

Os traballos previos á poda consistirán na roza a feito de faixas mediante pasadas de ida e volta con tractor de rodas, de alomenos 100 C.V de potencia, ao que se axustará unha rozadoira de cadeas. A vexetación do sotobosque, maior de 50 cm de altura, non poderá superar os 10 cm despois de realizar a actuación.

Os rodais nos que se levarán a cabo as operacións de poda están poboados por masas de P. pinaster con diámetro medio normal comprendido entre 7 e 15 cm e unha altura media entre 4 e 7 m.

A poda terá unha altura de 2 m, en ningún caso superando a metade da árbore. Serán obxecto de poda baixa tódolos pés incluídos dentro do rodal, no que a densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos non superará os 1.200 pes/ha. Os restos de poda serán acordoados e eliminados mediante trituración con rozadoira de martelos ou similar.

As actuacións descritas nos parágrafos anteriores levaranse a cabo no rodal 2 (ver plano que se achega).

A superficie do rodal de actuación recóllese na seguinte táboa:

ZONA DE ACTUACIÓN

CONCEPTO                                                  

SUPERF.(ha)

Rodal 2

Roza, poda baixa e trituración de restos

8.25

TOTAL ROZA , PODA E TRITURACIÓN DE RESTOS EN CONÍFERAS

8.25

TRATAMENTOS SILVÍCOLAS EN MASAS DE FRONDOSAS (CASTIÑEIROS) NO MONTE DE CASTIÑEIRA E MONTE DO CABALO

Levaranse a cabo traballos de roza e realce de guías en masas de Quercus rubra e Castaneaxhybrida de 5 anos de idade (rodais 1 e 3 na cartografía que se achega). As masas nas que se realizarán os traballos cumpren cos condicionantes esixidos pola Orde de axudas, diámetro normal medio inferior aos 20 cm, densidade mínima de 400 pes/ha e altura media superior a 1,5 m)

A roza será a feito en faixas, mediante pasadas de ida e volta con tractor de rodas, de alomenos 100 C.V de potencia, ao que se axustará unha rozadoira de cadeas. A vexetación do sotobosque non poderá superar os 10 cm despois de realizar a actuación.

O realce de guías é unha operación selectiva na copa da planta de frondosa que busca formar un fuste continuo, dereito e vertical. Consiste en eliminar dobres guías, ramas moi verticais que poden chegar a competir pola guía terminal ou ramas con tendencia a engordar demasiado. Non se trata polo tanto de suprimir sistematicamente as ramas baixas do tronco.

Os exemplares quedarán libres de ramas ata 1/3 da súa altura como mínimo e nos casos onde se manifeste unha dominancia apical, quedará formada a guía correspondente.

As superficies dos rodais de actuación recóllense na seguinte táboa:

ZONA DE ACTUACIÓN

CONCEPTO

SUPERFICIE DE ACTUACIÓN (ha)

Rodal 1

Roza mecanizada e realce de guías en frondosas

2,94

Rodal 3

Roza mecanizada e realce de guías en frondosas

7,29

 

TOTAL ROZA  E REALCE DE GUÍAS EN FRONDOSAS

10.23

Estes traballos teñen un orzamento de 20.707,29 Euros e están confinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 dentro do marco de axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común mediante unha subvención de 16.565.83 Euros.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top