Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Curso de manexo de motoserra en traballos forestais

A Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres organiza un curso de formación para manexo de maquinaria en traballos forestais. Celebrarase os días 24 e 25 de setembro en horario de mañá no local social da Casa dos Montes da parroquia e ten unha duración de 11 horas, dúas teóricas e as restantes de práctica no monte.

O contido do curso baséase na mecánica e mantemento da motoserra, prácticas de afiado e condicións de seguridade e saúde no seu manexo. Tamén se abordarán as prácticas en tala básica, cortes de precisión, a tala dirixida ou guiada, colocación de cuñas e despolado, tronzado e apeado de árbores. Tamén se abordarán técnicas de poda, seleción de guías e rareos en masas forestais.

Os interesados en participar no curso que conta con 15 prazas, deberán dirixirse á comunidade de montes polos cauces habituais e o prazo de inscrición remata na noite do martes 22 de setembro. O curso é de balde para os comuneiros e para os que non o sexan ten un custe de 10,00 euros. Para a organización deste curso de formación contouse coa colaboración de STIHL a través do seu distribuidor AGROCAR Redondela.


SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top