Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Os comuneiros de Cobres fan balance do ano 2015

Investiron más de 57 mil euros en diferentes traballos silvícolas en máis de 53 hectáreas de monte veciñal

O vindeiro domingo 31 de xaneiro a partir das 11:30 horas, os comuneiros e comuneiras de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) están convocados á asamblea xeral anual onde se dará conta do informe de xestión correspondente ao ano 2015 e o plan de traballo e orzamento para o ano 2016.

No referente ao ano 2015 a Xunta Reitora presentará un informe de xestión baseao principalmente na actividade silvícola que se desenrolou ao longo do ano e na que se actuou sobre unha superficie de máis de 53 hectáreas de monte veciñal. Estes traballos supoñeron un investimento de 57 mil euros.

As cortas de rexeneración en rodais de E. globulus  afectados pola plaga de goníptero e as claras en masas de piñeirais aportaron ás arcas da comunidade un total de 83 mil euros, ademáis doutros 13 mil en concepto de subvencións con cargo aos Fondos Europeos por traballos de poda e rareo en rodais de piñeiros.

O resto dos ingresos proviron de distintos alugueres ata completar uns ingresos totais de 106 mil euros.

Entre os traballos silvícolas máis importantes destacan a repoboación con E. nitens dunhas 20 hectáreas de superficie (12.000 plantas) intercalando faixas de frondosas a modo de cortalumes natural  con máis de 1200 plantas de castiñeiro. Completouse a repobación correspondente ao ano 2015 con máis de 5100 plantas de P. pinaster  aplicando as directrices marcadas no plan de ordenación.

Os traballos completáronse con podas e realces de guías en rodais de frondosas (castiñeiro e roble americano) nunha superficie de 9 hectáreas incluindo as novas plantacións do Monte do Cabalo. Ademaís fixéronse rozas nas faixas  de prevención de lumes ao longo 12 km de viais forestais. Tamén se actuou na eliminación de brote de eucalipto nas zonas onde se cortou o ano anterior e de acacia negra no entorno do miradoiro de Cotorredondo nunha superficie aproximada de 9 hectáreas.

No referente ao ano 2016 o principal obxectivo é a formación dunha cuadrilla de operarios para realizar claras en masas de eucalipto globulus e oblicua e piñeiro pinaster para reducir a densidade actual á metade para facer posible labouras de silvicultra e prevención de lumes. Ademáis continuaranse coas repoboacións dacordo coas directrices do plan de ordenación.

Outro acontecemento importante para a comunidade durante o ano 2015 foi a compra ao arzobispado de Santiago de Compostela do terreo que ocupa a antiga reitoral parroquial cun investimento total de 129 mil euros, no que se inclúen a compra, os impostos correspondentes, a organización do concurso de ideas para a rehabilitación, gastos de notarías, etc. César Blanco, presidente dos comuneiros agarde que durante este ano se poidan comezar os traballos de rehabilitación.


SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top