Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Os comuneiros decidirán en asamblea o próximo 20 de febreiro a certificación do monte veciñal

As certificacións FSCTM e PEFC© engadiranlle valor econónico, ecolóxico e social

O vindeiro sábado 20 de febreiro de 2016 a partir das 19:30 horas celebrarase no local social da Casa dos Montes unha Asamblea Xeral Extraordinaria de comuneiros/as para aprobar a doble certificación FSCTM e PEFC© para o monte comunal.

Que é PEFC©?  PEFC© (Programme for the Endorsement of Forest Certification) Programa de recoñecemento de Sistemas de Certificación Forestal é unha entidade non gobernamental, independente, sen ánimo de lucro e ámbito mundial, que promove a xestión sustentable dos bosques para conseguir un equilibrio social, económico e ambiental dos mesmos.

O obxectivo de PEFC© é asegurar que os bosques do mundo sexan xestionados de forma responsable, e que a súa multitude de funcións estean protexidas para xeracións presentes e futuras. Para iso conta coa colaboración de propietarios e empresas do sector forestal, que apostando pola certificación dos seus bosques e industrias, están a asegurar a sustentabilidade do sector.

PEFC© proporciona o marco para a aplicación dunhas normas comúns acordadas internacionalmente, a todos os seus sistemas de certificación nacional, e aos xestores forestais e empresas de transformación de produtos forestais.

Os produtos de orixe forestal (madeira, papel, cortiza, cogomelos, resinas, esencias...) certificados por PEFC© garanten aos consumidores que están a comprar produtos de bosques xestionados sosteniblemente. Escollendo PEFC©, os compradores poden axudar a combater a curta ilegal e fomentar as principais funcións que xogan os recursos forestais como:

  • Contribuír ao mantemento de numerosos ecosistemas e á diversidade biolóxica.
  • Ser o sustento económico de moitas poboacións rurais e a orixe dunha importantísima industria de transformación.
  • Ter un papel social e cultural recoñecido cada vez en maior medida.

Que é FSCTM? A certificación FSCTM garante que os produtos teñen a súa orixe en bosques ben xestionados que proporcionan beneficios ambientais, sociais e económicos. Os propietarios e administradores de bosques poden aspirar a ter a certificación FSCTM para demostrar que están a xestionar os seus bosques dunha maneira responsable. Ao longo da cadea de subministración, a certificación FSCTM pode brindar beneficios tales como acceso a novos mercados.

Os Principios e Criterios (PeC) do FSCTM establecen os mellores procedementos para levar a cabo a xestión forestal en moitos países; Hai grupos de traballo encargados de desenvolver os Estándares FSC nas diferentes rexións ou países. Os estándares rexionais e nacionais integran os PeC ás condicións e contextos específicos do país ou rexión.

Os administradores ou propietarios das unidades de xestión forestal que queiran lograr a certificación forestal FSCTM contactan cunha entidade de certificación acreditada FSCTM para levar a cabo unha avaliación. A entidade de certificación verifica que a operación cumpre todos os requisitos FSCTM relevantes. De ser así, a entidade emite un certificado FSCTM de xestión forestal, o cal ten unha vixencia de cinco anos e faise un seguimento anual para asegurar que o propietario ou o seu administrador segue cumprindo os estándares FSCTM. Se os propietarios ou administradores desexan vender produtos certificados v, tamén terán que conseguir a certificación de cadea de custodia.

A certificación de cadea de custodia aplícase a produtores, transformadores, fabricantes e distribuidores de produtos certificados FSCTM. Séguelle o rastro ao produto de madeira certificado FSCTM ao longo da cadea de subministración. Esta certificación verifica que os produtos vendidos coa etiqueta FSCTM cumprisen os estritos estándares do FSCTM desde o bosque até o punto de venda. En cada etapa da cadea de procesamento e transformación, requírese confirmar que os produtos de madeira certificados FSCTM mantéñense separados dos produtos non certificados ou noutros esquemas de produción mixta.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top