Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Luns 20 Novembro 2017

Campaña de eliminación de Acacia Negra no monte veciñal

Demandamos axudas da administración para a eliminación desta praga

A Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) levou a cabo durante os últimos meses unha campaña de eliminación de acacia negra (Acacia melanoxylon), popularmente coñecida como Australia, no entorno de Cotorredondo. Trátase dunha especie tremendamente invasora que está colonizando este entorno e que debido ao seu rápido crecemento e densidade acaba afogando ás especies que habitan neste espazo, no caso do monte veciñal de Cobres, castiñeiro (Castanea x Hybrida), carballo americano (Quercur Rubra) e piñeiro (Pinus Pinaster).

Esta campaña que comenzou na primavera suspendeuse durante o verán debido ás altas temperaturas que houbo, xa que por enriba dos 30º reducese a efectivade do tratamento químico e reanudouse a mediados de setembro.

Esta eliminación via acompañada do tratamento químico do tocón, para evitar o seu rebrote. Este tratamento faise directamente no tocón inmediatemente despois do seu corte. Así evitase derivas e a contaminación do chan, ademáis increméntase a efectividade. Este método de traballo eleva o seu custo considerablemente, polo que dende a Comunidade demandan a colaboración das administracións para eliminación desta especie, principal perigo do noso monte nos vindeiros anos.

Esta actuación levouse a cabo nunha superficie aproximada de 6 hectáreas entre a zona do parque da lagoa de Castiñeiras e o miradoiro de Cotorredondo. Simunltáneamente levouse a cabo unha selección de guías nos rodais de castiñeiros e de poda nos rodais de carballo americano e piñeiro do país. A eliminación da acacia xerou unha cantidade importante de madeira aproveitable para leña para o consumo doméstico e que pode ser recollida por aquelas persoas que estean interesadas.

Estes traballos están enmarcados dentro das actuación silvícolas correspondentes ao ano 2016, no que tamén se procedeu  á reordenación de varios rodais de eucaliptos  facendo faixas de aireación e prevención contra lumes e reapertura de vias de saca e camiño pechados. A madeira retirada supuxo uns ingresos de 14.000 euros. Tamén se procedeu a plantación dos rodais correspondentes ás cortas de rexeneración de 2015, nos que se plantaron un total de 717 castiñeiros, 10 nogais e 2.528 piñeiros. Estes traballos supuxeron un investimento de 18.000 euros.

No marco das axudas para a prevención de lumes  forestais e fomento da silvicultura, levouse a cabo o desbroce de 10 hectáreas nas marxes de varios viais forestais con cargo á orde de axudas para a prevención de lumes forestais. En canto aos traballos correspondentes ás axudas para o fomento da silvicultura, o proxecto de poda alta en varios rodais de piñeiros, traballos valorados en máis de 23.000 euros, está prendente da aprobación por Patrimonio por estar dentro da afección de varios petroglifos.


SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top