Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Continúan os traballos para crear unha devasa de frondosas entre Vilar e os Asubións

Esta semana está previsto que rematen os traballos da primeira fase de creación dunha devasa natural no monte veciñal de Santa Cristina de Cobres, consistente na apertura dun cortalumes de 40 m de ancho e cunha lonxitude de 1.304 metros entre o núcleo habitado de Vilar e o lugar de Outeiro dos Asubións. Esta franxa descurre paralela ao linde co monte veciñal de San Martiño de Vilaboa.

  

​Esta franxa descorre entre unha masa forestal maioritaria de eucalipto glóbulus moi densa, pero con pouco valor comercial, pois é o resultado dos brotes que xurdiron a partir do lume que asolou a zona no ano 1995. Nas primeiras 3,5 hectáreas de franxa realizada a produción de madeira non chega ás 300 toneladas (297,12), o que dá unha boa idea da baixa calidade da madeira. 

Nas vindeiras semanas comenzarán os traballos de triturado dos restos e de prantanción dos máis de 6.000 pés de frondosas autóctonas do xénero Castanea e Quercur (castiñeiros e carballos principalmente) que cosntituirán a devasa natural. 

Estes traballos de loita contra o lume correspondentes ao ano 2017 seguen aos desbroces realizados nas beiras de 13,04 Km de viais do monte comunal no que se investiron 4.700 euros con cargo á subvención para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios (DOG do 28 de decembro de 2016) e aos traballos de silvicultura en masas de coníferas nos que se investiron 23.700 euros con cargo á subvención de fomento da silvicultura  en bosques no medio rural (DOG do 30 de decembro de 2015) que dan continuidade lineal á devasa de frondosas que se está acometendo.

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top