Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Avanzan os traballos de ordenación no monte de Castiñeiras

Mentras se traballa na eliminación da biomasa xa se realizaron devasas naturais de frondosas

Continúan os traballos de eliminación de biomasa no monte de Castiñeiras, por debaixo do miradoiro de Cotorredondo. Trátase dun rodal dunhas 12 hectáreas de superficie poboado por eucalipto globulus, afectado pola praga de goníptero e que supoñía un auténtico polvorín para o monte comunal, debido á densidade de árbores, nalgúns casos superior aos dez mil pés por hectárea, e á falta de ordenación do espazo que imposibilitaba a silvicultura.

Ler máis...

Os comuneiros dan luz verde aos traballos para o ano 2015

Cun orzamento de máis de 131 mil euros

Os comuneiros e comuneiras da Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) aprobaron o plan de traballo e o orzamento previsto para o ano en curso, que ascende á cantidade de 131 mil euros. As principais actuacións a levar a cabo son as silvícolas, ás que se destinarán máis de 46 mil euros e a adquisición e proxecto de reforma da antiga casa rectoral á que se destinarán máis de 52 mil euros con cargo aos orzamentos deste ano.

Ler máis...

Os comuneiros debatirán na vindeira asemblea a creación dun fondo de emerxencia social

A Xunta rectora de Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres proporá na vindeira Asemblea Xeral Ordinaria de Comuneiros a elaboración dunha partida anual para emerxencia social, especialmente orientada a familias da parroquia con nenos en idade escolar e que estean pasando por dificultades económicas. Para o ano 2015 iniciariase cun orzamento de 3.000 euros, ampliable no caso de que a demanda destas axudas así o xustificase.

Ler máis...

Convócase aos comuneiros a unha charla informativa sobre a cría de porco celta no monte comunal

O acto celebrarase o xoves 15 ás 19:30  horas na Casa dos Montes

Os comuneiros e comuneiras de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) están convocados o vindeiro xoves 15 de xaneiro a unha charla informativa sobre a posibilidade de pór en marcha un proxecto de cría de porco celta en extensivo no monte comunal. A sesión informativa estará dirixida por José Antonio Carril, coordinador xeral de ASOPORCEL (Asociación de Gando Porcino Celta).

Ler máis...

Ábrese un concurso de ideas para o proxecto de rehabilitación da rectoral

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres decidiu abrir un concurso de ideas para profesionais da arquitectura para a escolla do proxecto de rehabilitación da antiga casa rectoral da parroquia, un edificio do século XVII e catalogado como Ben de Interese Cultural.

Ler máis...

A comunidade prevé unha actuación de mellora integral en varios viais forestais para o 2015

Tamén proporá á asamblea de comuneiros unha actuación de mellora paisaxística no monte da Craveira

O monte veciñal de Santa Cristina conta cunha importante rede de infraestruturas viarias que permite o acceso ás distintas parcelas e facilita os traballos de xestión e aproveitamento das masas forestais existentes.

Ler máis...

Os comuneiros de Cobres apoian por unanimidade a criación da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo

Tamén se aprobou a actualización do Plan de Ordenación do Monte Comunal e ratificouse o acrodo acadado entre a Xunta Recorta e o delegado de patrimonio do Arcebispado para a adquisición da vella casas rectoral e os terreos anexos.

Esta mañá celebrouse na Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres a asamblea extraordinaria na que se trataron asuntos de capital importancia para o futuro desta comunidade de montes.

Ler máis...

Convocada Asamblea Xeral de Comuneiros para o vindeiro 26 de outubro

Entre outros asuntos abordarase a aprobación do Plan de Ordenación do Monte Comunal

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Cristina de Cobres acordou na súa xuntanza celebrada esta semana a convocatoria dunha asamblea xeral de comuneiros para o domingo 26 de outubro, para entre outras cuestións someter á aprobación de dita asamblea a actualización do Plan de Ordenación do Monte Comunal e a participación desta Comunidade na Fundación Parque de Castiñeiras-Cotorredondo.

Ler máis...

Rematados os traballos de silvicultura no monte veciñal

Tamén os relativos aos da orde de axuda contra lumes forestais

Esta semana remataron os traballos de silvicultura correspondentes á orde de subvencións para a defensa contra lumes forestais do ano 2014. En total actuouse sobre unhas 15 hectáreas de monte veciñal no entorno de Castiñeiras-Cotorredondo.

Ler máis...

Exposición pública da cartografía do Plan de Ordenación do Monte Veciñal

Do luns 22 de setembro ao domingo 28 de setembro

A cartografía dos traballos de definición das lindes do monte comunal estarán a exposición pública a partir deste luns día 22 de setembro e ata o domingo 28. Poderá consultarse en horario de 18:00 a 20:30 de luns a sábado e o domingo de 11:00 a 13:30 nas oficinas da Casa dos Montes (Barciela 31).

Ler máis...

Os comuneiros poderán solicitar a leña sobrante dos rareos e podas

A Xunta Rectora acorda a convocatoria dunha Asamblea Xeral en outubro para aprobar a actualización do Plan de Ordenación

A Xunta Rectora dos comuneiros de Santa Cristina de Cobres comunica aos comuneiros que poderán solicitar o apreveitamento dos restos de madeira para leña procedente dos traballos de poda e selección de especies que se están levando a cabo no monte de Castiñeiras, por debaixo do miradoiro de Cotorredondo.Estas labouras de silvicultura afectan a unha superficie de máis de 11 hectáreas e teñen un orzamento de preto de 10.000 euros. A leña que xa está cortada e lista para cargar deberá solicitarse polos cauces habituais.

Ler máis...

O programa da Galega "Labranza" emite este domingo unha reportaxe sobre os traballos no monte comunal

Este martes xa se emitiu un avance

Este domingo 31 de agosto, o programa da Televisión de Galicia  adicado ao sector agrogandeiro e forestal "Labranza" (14:00 horas) emitirá unha reportaxe sobre os diferentes traballos silvícolas que se están a desenvolver no monte comunal de Santa Cristina de Cobres.

Enlace ao programa emitido este martes:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/prezos-en-silleda-proxecto-dos-comuneiros-de-santa-cristina-de-cobres

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top