Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Comezou a segunda fase dos traballos de silvicultura no monte comunal

A actuación princiapal levarase a cabo no monte de Castiñeira

Esta semana retomáronse os traballos de silvicultura no monte veciñal de Santa Cristina de Cobres, unha vez  obtida a resolución da concesión dunha axuda da Consellería do Medio Rural e do Mar para a prevención e defensa  contra incendios forestais en montes veciñais en man común correspondente ao ano 2014.

Ler máis...

Instalados paneis de información sobre o acceso ao monte con vehículos a motor

A prohición de circulación polo monte non afecta a propietarios, comuneiros e cazadores.

A CMM de Santa Cristina de Cobres ven de instalar nos principais accesos ao monte desde núcleos habitados uns paneis informativos onde se dá conta da prohibición de acceso con vehículos a motor segundo dispón o artigo 98 da LEI DE MONTES DE GALICIA vixente desde xuño de 2012.

Ler máis...

Aviso urxente! A andaina polo monte comunal prevista para este sábado suspéndese polo mal tempo

Estase estudiando unha data alternativa que se comunicará con antelación.

Andaina polo monte comunal

A CMMVVMC de Santa Cristina de Cobres convida a todos os comuneir@s e afeccionad@s ao sendeirismo a participar o vindeiro sábado 7 de xuño a partir das 4 da tarde nunha ruta a pé para dar a coñecer o monte comunal da parroquia.

Ler máis...

Ábrese un novo prazo para aproveitamento de leña

Infórmase a todos os comuneiros e comuneiras  que se abre un novo prazo de aproveitamento de leña no monte comunal ata o vindeiro sábado 31 de maio. A leña procederá das labouras de rareo e abrochos de eucalipto, que será aproveitados exclusivamente para uso doméstico e non serán obxecto de comercialización.  Este rareo terá lugar na zona de Vilar- Fonte da Teoira. Os interesados deberán contactar no tlf: 605085181.

IMPORTANTE:  Despois deste aproveitamento non se farán máis ata o remate do verán.

Santa Cristina repoboa o monte comunal con máis de 4000 árbores

Castiñeiros, piñeiros e eucalipto "nitens".

Durante estas últimas semanas estanse a desenrolar monte veciñal de Santa Cristina de Cobres os traballos de plantación de distintas especies de árbores nos rodais onde a ano pasado se levou a cabo a corta de madeira. En total plantaranse máis de 4.000 plantas nunha superficie aproximada de 4,5 hectáreas.

Ler máis...

Os comuneiros de Cobres aproban o plan de traballo para 2014

Acórdase a modificación dos Estatutos no capítulo da perda da condición de comuneiro
Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres aprobaron esta mañá na Asamblea Xeral Ordinaria o novo plan de traballo e orzamento para o ano 2014. Este novo plan, que ven sendo unha continuación dos traballos que se realizaron este ano pasado terá un orzamento 37.834 euros e abarca as seguintes actuacións:

Ler máis...

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

A Xunta Rectora da CMVMC de Santa Cristina de Cobres convoca a todos os comuneiros á Asamblea Xeral Ordinaria a celebrar  no local social da Casa dos Montes (Barciela nº 31) o vindeiro domingo 19 de xaneiro de 2014, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda e atendendo á seguinte orde do día:

  • LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR (SE PROCEDE)
  • ACTUALIZACIÓN DO CENSO DE COMUNEIROS
  • PRESENTACIÓN DO INFORME DE XESTIÓN 2013
  • PRESENTACIÓN DO INFORME DE INGRESOS E GASTOS 2013
  • PLAN DE TRABALLO E ORZAMENTO 2014
  • MODIFICACIÓN ESTATUTOS  CAPÍTULO IV. PERDA DA CONDICIÓN DE COMUNEIRO
  • VARIOS:
    • Modificación e ampliación do contrato de aluguer  de terreos no monte do Cabalo con Telefónica.
    • Información sobre o plan de ordenación do monte comunal.
    • Autorización ao Presidente  para a xestión de subvencións e demáis actuacións administrativas e xudiciais.
  • ROGOS E PREGUNTAS

 

Novos traballos de silvicultura no monte comunal darán emprego a varios comuneiros a partir de xaneiro

Convocada a asamblea xeral ordinaria para o 19 de xaneiro

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres acordou na súa xuntanza ordinaria celebrada esta semana iniciar a partir de xaneiro do vindeiro ano varios traballos de silvicultura no monte comunal da parroquia. Os traballos consistirán na poda e desbroce de varios rodais de frondosas e na prantación de árbores nas zonas onde se talou este ano.

Ler máis...

Grande pariticipación veciñal no magosto

Degustáronse castañas, chourizos e viño novo

Máis de cento cincuenta veciños participaron no magosto que se celebrou ao longo da tarde noite deste pasado sábado na Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres.

Ler máis...

A Comunidade desbrozou arredor de 20 km de viais forestais nestas últimas dúas semanas

A Xunta Rectora debaterá este luns se prohibe a circulación de quads polas pistas

A Xunta Rectora da comunidade de montes comunais de Santa Cristina de Cobres deu conta hoxe dos traballos de desbroce en viais forestais que se viñeron realizando durante estas últimas dúas semanas.

Ler máis...

Santa Cristina xa executou no que vai de verán traballos de silvicultura en preto de 30 Has. de monte comunal

Nas próximas semanas iniciaranse diversos traballos noutras 30 hectáreas

A Xunta Rectora da comunidade de montes comunais de Santa Cristina de Cobres estimou hoxe que cando remate o ano os diversos traballos de silvicultura que se levan facendo no monte comunal afectarán a un 20% do total da superficie, que ronda as 300 hectáreas.

Ler máis...

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top