Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Montes de Santa Cristina saca a subasta un lote de aproveitamento madeireiro

A CMVMC de Santa Cristina de Cobres celebrará unha subasta pública dun lote de aproveitamento madeireiro o vindeiro sábado 22 de xuño de 2013. Será ás 16:00 no local social da Casa dos Montes desta parroquia. Todos aqueles profesionais da madeira interesados poden acceder ao prego de condicións a traves do seguinte enlace:

APROVEITAMENTO MADEIREIRO DO LOTE N1º 001/2013 (pdf)

Comezan os traballos de poda no monte comunal

O sábado 13 de abril haberá unha xornada de aproveitamento de madeira para leña

Esta semana comezaron os traballos de silvicultura que se van desenrolar no monte comunal de Santa Cristina de Cobres e que se prolongarán ata o verán. Os traballos consisten na poda dos castiñeiros das parcelas do monte do Cabalo e da Carballeira, eliminación das especies enfermas e trituración da biomasa.

Ler máis...

Aclaración sobra a nova publicada no Faro de Vigo o 21 de marzo

Respecto da noticia con foto incluída, que se publicou o xoves 21 de marzo no Faro de Vigo (edición de Pontevedra) na páxina 17 e titulada "El monte vecinal de Santa Cristina como vertedero", a CMVMC de Santa Cristina de Cobres quere facer as seguintes aclaracións:

Ler máis...

Aberto o prazo para solicitar traballo nas tarefas de silvicultura no monte comunal

Tal e como se informou na Asamblea Xeral de Comuneiros celebrada o pasado mes de xaneiro, a empresa adxudicataria dos traballos de silvicultura do noso monte comunal empregará a tres persoas da parroquia, con prioridade para os comuneiros. Será durante un periodo de un mes aproximadamente. As tarefas a realizar consistirán principalmente en podas e desbroces manuais en zonas onde non poida traballar a maquinaria pesada. A ubicación dos traballos será nos montes do Cabalo, Craveira e Castiñerias e comezarán nas vindeiras semanas. Todos aqueles interesados deberán cubrir a seguinte solicitude e facerlla chegar aos membros da Xunta Rectora antes das 8 da tarde do luns 4 de marzo.

SOLICITUDE DE TRABALLO (pdf)

Nova corta sen autorización no monte comunal

Nesta ocasión no monte da Fontaíña de Abaixo

Nestes días o monte comunal de Santa Cristina de Cobres volveu a sofrir unha tala ilegal e non autorizada de eucaliptos. Nesta ocasión os feitos producíronse no monte da Fontaíña de Abaixo, entre os núcleos das Cernadas e Paradellas.

Ler máis...

Nenas e nenos da parroquia participan na recuperación mediambiental do vertedoiro do cemiterio

Os comuneiros investiron dous mil euros nestes traballos

Este pasado venres 15 de febreiro, uns corenta nenos e nenas do colexio infantil de Barciela (Santa Cristina de Cobres) participaron na plantación dunha vintena de árbores autóctonas, dentro do proxecto de recuperación mediambiental dunha parcela próxima ao cemiterio desta parroquia, que a Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres, actividade que se levou a cabo en colaboración co Concello de Vilaboa.

Ler máis...

Os comuneiros ratifican o plan de traballo para 2013

Aprobación definitiva do Regulamento e Cesión do Local Social da Casa dos Montes

A Asamblea de Comuneiros de Santa Cristina de Cobres aprobou por asentimento as contas do ano 2012 e o orzamento e o plan de traballo para o ano 2013. Ante a presenza de 61 comuneiros, que representan o 47,2 % do censo de comuneiros a Xunta Rectora deu conta do balanzo de ingresos e gastos do ano 2012 e da previsión para o ano en curso.

Ler máis...

A Comunidade de Montes de Santa Cristina denuncia unha nova corta sen autorización de eucaliptos en monte comunal

Estas accións veñen acontecendo acotío nos derradeiros meses

A Xunta Rectora dos comuneiros de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) denunciará nas vindeiras horas ante a Garda Civil unha nova tala non autorizada de eucaliptos no monte comunal desta parroquia. Neste caso o roubo de madeira produciuse no monte de Castiñeiras, nas beiras da pista forestal que une a estrada provincial Castiñeiras – San Lourenzo coa pista do monte das Barreiras.

Ler máis...

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

A Xunta Rectora da CMVMC de Santa Cristina de Cobres convoca a todos os comuneiros á Asamblea Xeral Ordinaria a celebrar o vindeiro domingo 27 de xaneiro de 2013, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria e atendendo á seguinte orde do día:

  1. LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR (SE PROCEDE)
  2. ACTUALIZACIÓN DO CENSO DE COMUNEIROS
  3. NOMEAMENTO NOVOS MEMBROS DA XUNTA RECTORA
  4. PRESENTACIÓN DO INFORME DE XESTIÓN 2012
  5. PRESENTACIÓN DO INFORME DE INGRESOS E GASTOS 2012
  6. PLAN DE TRABALLO E ORZAMENTO 2013
  7. DEBATE E APROBACIÓN DO REGULAMENTO DE USO E CESIÓN DO LOCAL SOCIAL DA CASA DOS MONTES
  8. VARIOS
  9. ROGOS E PREGUNTAS

A Comunidade de Montes cosntrue tres taxeas na pista das Barreiras

A Casa dos Montes contará dende esta semana con calefacción no seu local social

Na pista do Monte das Barreiras pertencente ao monte comunal de Santa Cristina de Cobres veuse realizando nestes días traballos de construcción de taxeas e de limpeza das cunetas do vial.

Ler máis...

Comezan os traballos de campo para a elaboración do Plan de Ordenación do monte

Nunha primeira fase realizarase o levantamento topográfico 

Nestes días estase levando a cabo os primeiros traballos para a actualización do PLAN DE ORDENACIÓN DO MONTE COMUNAL  da parroquia de Santa Cristina de Cobres consistentes no levantamento topográfico daquelas parcelas que necesitan unha actualización documental.

Ler máis...

Descoñecidos causan danos nas ventás da Casa dos Montes

A Xunta Rectora presentou unha denuncia ante a Garda Civil

A Casa dos Montes de Santa Cristina de Cobres sufriu nos últimos días un acto de vandalismo realizado por descoñecidos que provocaron danos nas persianas da fachada norte do local social. Concretamente en dúas ventás  situadas lonxe da entrada que facilitou a agresión.

Ler máis...

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top