Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

TLF: +0034 693649504

Mércores 13 Decembro 2017

Comezan os traballos de desbroce das pistas forestais de Santa Cristina de Cobres

A Comunidade de Montes investirá oito mil euros en dezaito quilómetros de pistas

Este venres comenzaron os traballos de desbroce de pistas forestais que dan acceso ao monte comunal da parroquia de Santa Cristina de Cobres en Vilaboa. Estes traballos encádranse dentro do plan de traballo da Xunta Rectora na mellora dos accesos ao monte comunal, que se suman aos arranxos de viais e poda e desbroce en plantacións novas que se fixeron nos últimos meses.

Ler máis

Aviso Legal

AVISO LEGAL

Contidos propiedade da CMMVVMC de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)

Os contidos de esta web están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual da CMMVVMC de Santa Cristina de Cobres ou de terceiros. Non está autorizada (e será perseguida) a reprodución total ou parcial dos datos e contidos non dispostos para o seu uso explícito aos que se teña acceso na web, ou fosen empregados contravindo a lexislación vixente en materia de propiedade industrial e intelectual.

Os/as usuarios/as que crean que os seus dereitos de propiedade intelectual estean sendo infrinxidos polo uso non autorizado dos seus traballos protexidos presentes nesta web, pódense poñer en contacto con esta Comunidade de Montes e solicitar que o contido sexa retirado.

Condicións de acceso

O acceso á web www.montesdesantacristina.org supón a aceptación plena polo usuario/a de todas as condicións do presente Aviso Legal, polo que se non está de acordo co contido da mesma deberase abster de facer uso da web.
O/a usuario/a comprométese a facer un uso da web e dos seus servizos e contidos conforme ao disposto pola lexislación vixente aplicable. A Comunidade de Montes resérvase o dereito a denegarlle o acceso á web, sen necesidade de previo aviso, a calquera usuario/a que non respecte as condicións dispostas neste Aviso Legal.

A Comunidade de Montes resérvase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Rexistros de acceso

Esta web emprega on empregra cookies.

Exención de responsabilidade

A información publicada nesta web non pretende substituír servizos en ningún ámbito profesional.

Atendendo aos procesos de comunicación electrónica, a Comunidade de Montes non garante que o acceso á páxina non poida ser interrompido, sufrir retrasos, ou errar.

No caso de interrupción do subministro da información, parcial ou total de www.montesdesantacristina.org por causas alleas á Comunidade de Montes, esta porá todos os medios para repoñer o antes posible o acceso á información.

Esta web pode conter enlaces a páxinas web alleas, o que non supón a aceptación de responsabilidade ningunha sobre o contido destas webs. Unha vez que un usuario/a se atope nunha destas webs deberase ater ás indicacións legais que esa web indique. No caso de que un usuario/a considere que algún dos enlaces leva a unha páxina web inadecuada, pódese poñer en contacto con nós para propoñer a súa eliminación ou modificación.

Política de protección de datos

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), cuxo obxecto é garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, informámolos de que:

  • Os datos de carácter persoal recollidos na web inclúense en ficheiros protexidos e con acceso exclusivo. Na súa calidade de propietaria, a responsable destes ficheiros é a Comunidade de Montes.
  • O/a interesado/a poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos poderase realizar a través do correo Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.. Tamén se poden exercitar estes dereitos nos termos que a normativa aplicable establece.

A Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres aproba o regulamento do seu local social

Comuneiros e asociacións poderán usar o local para eventos privados

A Xunta Rectora de Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) ven de aprobar este pasado luns en sesión ordinaria o regulamento de uso e cesión do seu local social. Este regulamento é froito da proposta que fixo esta xunta rectora á asamblea de comuneiros para ordear e controlar a numerosa actividade deste local social.

Ler máis

Rematados os traballos de poda e desbroce en 9 hectáreas do monte comunal de Santa Cristina de Cobres

Nesta semana viñeron de rematar os traballos silvícolas consistentes na poda de masa forestal, principalmente piñeiros e o desbroce das parcelas que ven realizando a Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres dende a primavera. Esta actuación levouse a cabo nunha superficie de máis de 9 hectáreas do monte situado na parte alta da parroquia, nos lugares da Chan de Castiñeiras e o monte das Barreiras.

Ler máis

A CMVMC de Santa Cristina de Cobres acondiciona máis de 6 kms de viais forestais da parroquia

Hoxe remataron despois de dúas semanas de traballos, o acondicionamento de dúas pistas forestais na parroquia de Santa Cristina de Cobres en Vilaboa no que a Comunidade de montes investiu arredor dos cinco mil euros. Trátanse dos viais forestais que unen os lugares de Vilar e Paradellas coa parte alta do monte comunal nas proximidades da lagoa de Castiñeiras, cunha lonxitude total arredor dos 6 kms.

Ler máis

Os comuneiros de Santa Cristina de Cobres opóñense a fumigación do ecualipto co pesticida Flufenoxuron

Oposición unánime, así se manifestaron os comuneiros de Santa Cristina de Cobres ante a posibilidade de que se leve a cabo o plan da Asociación Española de Fabricantes de Pasta e Cartón (ASPAPEL) de fumigar  os eucaliptos desde helicópteros e cun pesticida altamente tóxico, o Flufenoxuron, que será prohibido en toda a Unión Europea o vindeiro 1 de agosto.

Ler máis

Eleita a nova Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres

A  asamblea xeral de comuneiros da CMVMC de Santa Cristina de Cobres celebrada este pasado domingo día 20 de maio ratificou a elección da  nova  Xunta Rectora que foi elexida nas votacións que se celebraron o pasado 29 de abril. En ditas eleccións a candidatura encabezada por César Blanco, Celso Martínez, e José Carlos Martínez  obtivo un apoio do 86,5 % dos comuneiros e comuneiras que acudiron a votar. Este pasado domingo completouse a nova Xunta Rectora coa incorporación dos vogais de barrio Celso Suárez, Eduardo Iglesias, Félix Puentes e Fernando Veras.

Ler máis

Páxina 5 de 5

SEDE SOCIAL

Barciela 31, Santa Cristina de Cobres 36142 (Vilaboa)
Tlf. Móbil: 693649504  

Esta dirección de correo electrónico está protexida contra spambots. Vostede necesita ter Javascript activado para poder vela.

GALERÍA DE IMAXES

Scroll to top